O Proxecto Compás pon en marcha novos recursos de emprego<br />
O Proxecto Compás da Mancomunidade de Vigo pon en marcha esta semana os pools de recursos (centros de recursos infórmaticos) e os clubs de emprego para as persoas usuarias do proxecto. Estes clubs de emprego e os pools terán sedes nos concellos de Vigo, Porriño e Redondela.
Os clubs de emprego actúan coma redes de coñecemento compartido e están formados por persoas desempregadas usuarias do proxecto Compás que se reúnen de forma periódica para poñer en común información e experiencias na busca de emprego. Nas sesións foméntase tanto a autonomía das persoas participantes como a motivación para unha busca eficaz, contando para iso co apoio dun membro do equipo técnico orientador.
Estes clubs de emprego teñen como unha das ferramentas esenciais os pools de recursos, nos que as persoas poden acceder a materiais multimedia, equipos informáticos, impresora e acceso a Internet como instrumentos de apoio na busca de emprego.
O pol de recursos para o acceso ó emprego xurde como un espacio necesario para dotar de ferramentas de busca ás persoas que se atopan desenvolvendo un itinerario de inserción de incorporación laboral por conta allea ou propia. Supón a adquisición de coñecementos e habilidades a través da autoaprendizaxe, facilitándolle ás persoas o soporte de recursos tecnolóxicos e materiais que precisan para acada-lo seu achegamento ós circuítos normalizados de emprego.
As persoas destinatarias destas accións son todas usuarias do proxecto Compás, emprazadas nos oito centros de orientación e que se atopen desenvolvendo un proceso de busca activa, ben de xeito individual ou grupal. Para a súa inclusión nesta actividade, desde os centros de orientación de Compás, facilitarase un carné de usuario do pool que deberá presentar cando se achegue polo centro antena.
O Proxecto Compás é un programa financiado Fondo Social Europeo a través da iniciativa Equal que promove novos métodos de loita contra toda clase de discriminación e desigualdade no acceso a un mercado do traballo aberto a todos e todas, a través do deseño e do desenvolvemento de ferramentas e recursos concretos que melloren a ocupación de 700 persoas da área metropolitana de Vigo.
No Proxecto Compás participan, ademais da MAIV, os sindicatos CCOO, CIG e UGT, a Confederación Provincial de Empresarios (CEP), a Deputación de Pontevedra e Caixanova. Ten unha duración de dous anos (ata xullo de 2004) e conta cun orzamento de preto de tres millóns de euros.
Descargar todas as imaxes