xoves, 6 novembro 2003

Belén Sío defendera nun coloquio as políticas municipais de inserción laboral de persoas con discapacidade

xoves, 6 nov 2003

A concelleira de Benestar Social, Belén Sío, presenta unha ponencia no marco do coloquio "A inserción laboral de persoas con discapacidade" que se celebra esta tarde no hotel NH Palacio de Vigo e que organiza o grupo Manpower con motivo do Ano Europeo para as persoas con discapacidade. En España, tres millóns e medio de persoas teñen algunha discapacidade física, sensorial, psíquica ou mental. Dos que están en idade de traballar –un millón e medio- só están empregados 429.000.

O magosto popular celebrase o sábado na praza do Berbés

xoves, 6 nov 2003

A Concellería de Festas e Animación Sociocultural patrocina o magosto que se celebrará o 8 de novembro de 18:00 a 22:00 na praza do Berbés. Esta festa, organizada pola Federación de Peñas Recreativas "El Olivo", estará amenizada polo grupo de danza Xuntanza e as Cantareiras do Berbés. O subdirector do Faro de Vigo, Jesús Portela, será o encargado de ler o pregón.

Moito baile para as Noites Vivas

xoves, 6 nov 2003

Para este fin de semana as Noites Vivas que organiza a Concellería de Xuventude conta cunha proposta variada de obradoiros, xogos, deportes, cine e moito baile, que se realizarán nas distintas sedes que se atopan espalladas pola cidade .