Escoitar

Noites Vivas de "Emotrions"

Os xoves de Vigo poderán adestrar as súas emocións co xogo galego EmotrionsOnCards nas Noites Vivas. A cita será o próximo venres 7 de novembro ás 22.30 horas no centro Xuvenil da Rúa Uruguai, 9. Haberá unha pequena explicación das regras de xogo e logo, unha competición aberta. A Asociación Xuvenil Cancerbero (Heraclio Botana, 6), tamén dentro de Noites Vivas, organiza a súa noite de xogos de cartas, onde tampouco faltará EmotrionsOnCards.

mércores, 5 nov 2003
1068046420cartas.jpg
EmotrionsOnCards nace en Galicia para poñer sobre as mesas de xogo de todo o mundo a forza das emocións humanas. Emotrions é un xogo innovador que rompe coa relación dos xogos de estratexia e os mundos medievais. ¿Que require máis estratexia mover o cabalo para comer ó rei como no xadrez, contrarrestar maxias como en Mágic ou saber con que emotrion sopesar a Furia do contrario o con cal roubarlle a Forza?

En Emotrions ademais de ser rompedor o escenario, as emocións, innovase na lóxica de xogo. Non é un xogo de ‘jaque-mate’, senon de ponderación. Non gaña o que se quede co maior número de cartas ou o que se desfaga de todas, senon o que saiba sopesar entre as cartas positivas e as negativas. Unha loita non da a guerra e menos no mundo das emocións.

A baralla de Emotrions presenta varias opcións de xogo. As opcións modulan o nivel de estratexia, de psicoloxía e de azar ó gusto dos xogadores. Un xogo á carta. Nove son as emocións da baralla: a Forza, a Bondade, a Furia, o Amor, o Odio, a Tristura, a Ledicia, a Indecisión e a Fame. Nove emocións en nove linguas. Cada emotrion representase cun deseño particular e se identifica en 9 idiomas: galego, castelán, catalán, euskera, portugués, inglés, francés, italiano e alemán.

EmotrionsOnCards é o primeiro escalofón dun mundo de xogos de estratexia. Emotrions terá a súa versión dixital (programada en Vigo) para que os xogadores poidan baterse en rede sen importarlles a distancia física do contrincante. Tódolos xogos de Triangol Strategy SL foron deseñados por Rolando S. Buenavilla, que é ademais o director e fundador da editorial galega. En Emotrions os deseños gráficos foron obra de Rolando S. Buenavilla e Juan Corral.
Descargar todas as imaxes