mércores, 5 nov 2003
A concelleira de Benestar Social, Belén Sío, inaugura as "II Xornadas sobre Alzheimer e outras demencias" que se celebran os días 6 e 7 de novembro no centro cultural Caixanova e que organiza AFAGA ( Asociación de Familiares de Enfermos de Alzheimer e outras demencias". As xornadas están orientadas a ofrecer un punto de encontro para todos os profesionais e futuros profesionais do sector relacionados con esta problemática.
mércores, 5 nov 2003
Os xoves de Vigo poderán adestrar as súas emocións co xogo galego EmotrionsOnCards nas Noites Vivas. A cita será o próximo venres 7 de novembro ás 22.30 horas no centro Xuvenil da Rúa Uruguai, 9. Haberá unha pequena explicación das regras de xogo e logo, unha competición aberta. A Asociación Xuvenil Cancerbero (Heraclio Botana, 6), tamén dentro de Noites Vivas, organiza a súa noite de xogos de cartas, onde tampouco faltará EmotrionsOnCards.
mércores, 5 nov 2003
O consello da Xerencia celebra reunión o xoves, día 6, a partir das dez da mañá,no que se tratán dez asuntos na orde do día.