martes, 4 novembro 2003

O Concello cifra en 90 millóns de euros a rehabilitación integral do Casco Vello

O Alcalde de Vigo, Ventura Pérez Mariño, asegura que é preciso seguir traballando co resto das Administracións Públicas para conseguir recuperar de xeito integral o Casco Vello da cidade. Acompañado polos concelleiros de Patrimonio Histórico e Seguridade, Xosé Carlos Arias e Xulio Calviño, respectivamente, e representantes veciñais, Pérez Mariño percorreu as rúas do barrio histórico.

Accións de voluntariado que realiza o Concello

martes, 4 nov 2003

A Comisión de Goberno ven de aprobar a sinatura dun convenio de colaboración coa Consellería de Familia, Xuventude, Deportes e Voluntariado para a execución das accións de voluntariado proposta polo Concello de Vigo e enmarcadas no Plan Galego de Voluntariado 2002-2005.