Escoitar

O magosto centra a programación deste mes nas ludotecas municipais

As ludotecas municipais que dependen da Concellería de Xuventude organizan este mes unha programación que abrangue dende a celebracións típicas da época como os magostos, ata os intercambios culturais pasando polos espectáculos e a comunicación.

luns, 3 nov 2003
1067860796nenos.jpg
Nos seus horarios habituais na ludoteca de Coia centraranse no mes do espectáculo organizándose actividades encamiñadas á realización dunha gala de música: ensaios, invitacións, casting...rematando cunha excursión relacionada co mundo da cultura musical.

As semanas da comunicación, do mundo hippy, do teatro e dos videoxogos serán os centros das programacións da ludoteca de integración "Hoy por mañana", con obradoiros de construcción de teléfonos, de trenzas e pulseiras, representacións teatrais e outras, ademais das proxeccións de vídeo e os xogos cooperativos que realizan habitualmente.

En Lavadores os usuarios e usuarias introduciranse noutros mundos, noutras culturas por medio de actividades de coñecemento doutros costumes e medios de vida con actividades coma a fabricación de casas e vivendas diferentes, danzas do mundo, cociña de fóra e moitos máis, incluíndose proxeccións de vídeo e a celebración do día Mundial dos Dereitos das e dos nenas e nenos.

As actividades da ludoteca de Coruxo xirarán en torno a dous temas: as cores, con realización de obradoiros de papel de augas, técnicas pictóricas e sensacións relacionadas coas cores; o terror dende o punto de vista máis divertido é o segundo dos temas a abordar por medio de experiencias coma o túnel do medo, obradoiro de maquillaxe, contos da néboa e outras terroríficas propostas.

O mes dos santos protagoniza a programación na Ludoteca da Casa da Xuventude e os nenos e nenas vivirán as celebracións e festas típicas de novembro: magosto, halloween...combinándoas con outras actividades coma unha academia de actores ou cociña con castañas, noces e cabazas, sen esquecer a biblioteca animada e o rincón dos artesáns.

As ludotecas funcionan polas tardes de luns a venres en horario aproximado de 16:30 a 20:30 excepto a de integración que abre as súas portas de 17:00 a 20:00 horas.

Para máis información pódese chamar á Casa da Xuventude no teléfono 986 294 806.
Descargar todas as imaxes

Máis información