Faleceu a cría de lince de Vigozoo
A cría do lince que desde fai sete meses formaba parte dos habitantes de Vigozoo faleceu na tarde de onte xoves. O corpo de Gobi, que así foi bautizado, foi trasladado ao Hospital Clínico Veterinario de Lugo, onde se lle practicará unha necropsia.
A presidenta do Padroado e concelleira de Deportes, María Xosé Porteiro, solicitou os pertinentes informes para coñecer as causas que puideron provocar a morte do lince, un dos animais máis apreciados das instalacións e que acababa de estrear habitáculo. A próxima semana convocarase unha reunión urxente do consello de administración do Organismo Autónomo Municipal Parque das Ciencias Vigozoo para analizar os feitos ocorridos.