Reunión dos Socios do Proxecto CAMI
A concelleira de Benestar Social, Belén Sío, preside a xuntanza do proxecto de cooperación transfronteiriza España-Portugal "CAMI" (Camiño do Miño). Trátase dun programa de fomento á cooperación e integración social, laboral e institucional. Os promotores do proxecto son entidades en favor das persoas con minusvalía, concretamente dúas entidades portuguesas e a Fundación MENELA de Vigo que actúa como responsable do proxecto.A reunión terá lugar o venres ás 12 horas na Sala da Comisión de Goberno do Concello de Vigo.
Os socios nacionais cofinanciadores do proxecto son a Consellería de Asuntos Sociais da Xunta de Galicia, a concellería de Benestar Social do Concello de Vigo, a Zona Franca de Vigo, a entidade Caixanova e a Fundación Menela. Os socios transnacionais son a Cámara Municipal de Melgaço e as asociacións de minusvalías de Vilanova de Gaia , Viana do Castelo e Melgaço. Colabora no proxecto a Universidade de Vigo.
A orde do día da reunión é:
1.- Entrega da documentación e información do Proxecto CAMI
2.- Modificacións do proxecto co "acordo entre socios" das transferencias da partidas orzamentarias.
3.- Revisión económica e acompañamento físico do proxecto.
4.- Seminario de presentación de presentación e divulgación do proxecto.
5.- Rogos e preguntas.