Escoitar

Patrimonio Histórico aposta por un mantemento constante no Casco Vello

O concelleiro de Patrimonio Histórico, Xosé Carlos Arias, asegura que o Casco Vello precisa dun mantemento constante para evitar procesos de degradación. Ao longo dun percorrido pola zona para detectar posibles problemas, Arias, que estivo acompañado por técnicos municipais, explicou que o obxectivo da visita era detectar hipotéticos puntos de deterioro para iniciar actuacións con urxencia.

mércores, 29 out 2003
O concelleiro apunta que esta necesidade se ve incrementada pola posta en marcha do Centro Comercial Aberto, unha iniciativa que conta co respaldo municipal.