Escoitar

Sanidade revisa os cemiterios para a festividade de Tódolos Santos

A concelleira de Sanidade, Belén Sío, visitou hoxe os cemiterios municipais para coñecer o estado das obras que se realizaron este ano que consistiron fundamentalmente en ornato e axardinamento e adquisición de tapas para nichos. Son cemiterios municipais os de Pereiró, Lavadores, Teis, Beade, Bembrive, Candeán, Cabral e Zamáns. Os nichos propiedade do Concello son 2.345 e se alugan por un período de seis anos, prorrogable por 4 máis ata un máximo de 10 anos. O total de nichos entre particulares e concesións son 26.508.

martes, 28 out 2003
1067347745cabral.jpg
Cemiterio de Cabral
Con motivo da festividade de Todolos Santos, que terá lugar o próximo sábado, os días 30 3 31 de outubro e 1 e 2 de novembro , os cemiterios permanecerán abertos ininterrompidamente dende as 9.00 horas ata ás 18.30 horas. A partir do día 3 de novembro quedará establecido o horario habitual: de mañá de 9.00 a 13.00 e de tarde de 15,15 horas a 18.30 horas.

O cemiterio de Pereiro ten unha superficie de 48.450 m2. Nichos do Concello son 1.700 e nichos particulares entre propiedades e concesións 8.250. Neste cemiterio realizaron este ano obras de reparación da fonte situada na parte posterior da capela, instalación do sistema automático de rego, reparación dos moedeiros; porta de chapa galvanizada con marcos, imprimación en pintado para o vestiario do persoal. Na propia Capela reparouse a portal principal, pintado interior e levado de tella.

O cemiterio de Lavadores, cunha superficie de 23.017 m2, conta con 373 nichos do Concello e 5.985 particulares. Realizáronse obras de reparación e colocación de varanda na porta principal dereita que da acceso a zona primeira de sepulturas.

O cemiterio de Teis ten unha superficie de 3.144 m2 e dispón de 1.779 nichos particulares entre propiedades e concesións. Neste cemiterio acometéronse obras de colocación de varandas na entrada principal; reparación da cuberta da Capela e mellora da canalización de augas pluviais.
Descargar todas as imaxes