O CAT expón en diferentes salóns de Galicia o seu labor na recuperación dos oficios tradicionais
O Centro de Artesanía Tradicional (CAT) adscrito á Concellería de Patrimonio Histórico asistirá ó II salón de Turismo, Artesanía e Gastronomía, "ExpoGalaecia 2003" que se celebrará no Instituto Feiral de Vigo entre o 30 de outubro e o 2 de novembro. Tamén participará en "Galiemprego" que terá lugar en Santiago de Compostela do 13 ao 15 de novembro.
En ExpoGalaecia, o CAT contará coa colaboración dos artesáns, María Elena Ferro Lamela, zoqueira e Juan Antonio González Fernández, cesteiro, que realizarán actividades de demostración todos os días de 11 a 14h e de 18 a 21h, transmitindo o seu saber e bo facer no oficio.
Pola súa banda a presencia do Centro de Artesanía Tradicional e máis da Casa do Cesteiro en Galiemprego enmárcase na colaboración establecida entre as Concellerías de Patrimonio Histórico e Promoción Económica e Emprego do Concello de Vigo. Na mostra, ámbalas dúas Concellerías realizarán presentacións dos seus diferentes programas para o emprego.
Os obxectivos que persegue a Concellería de Patrimonio Histórico con estas participacións é contribuir á rehabilitación económica, cultural e comercial do Centro Histórico de Vigo, a través da promoción e desenvolvemento do sector artesán tradicional e protexer o Patrimonio Cultural dos Oficios Artesanais de Galicia, a través da súa investigación, promoción e divulgación.
O público asistente ós salóns poderá recibir información sobre as actividades que se están a realizar no Cat, así como recibir asesoramento e acceso ós servicios que o Centro presta.
Descargar todas as imaxes