Kiri Te Kanawa ofrece o concerto inaugural do AREMORE
A soprano Kiri Te Kanawa acompañada ao piano de Jonathan Papp ofrecen o concerto de inauguración do festival de Música AREMORE que organiza a Concellería de Cultura. O concerto celebrarase o martes a partir das 20.30 horas no Cine Fraga-Caixa Galicia. O Festival Are More ofrece 18 concertos que se desenvolveran ata o 19 de decembro nos escenarios do teatro Cine Fraga, o Conservatorio de Música, a Igrexa Concatedral de Santa María e o salón de actos do Marco. Kiro Te Kanawa intepretará obras de W A Mozart, F Mendelssohn, F Schubert, R Strauss, H Duparc, C Debussy e F P Tosti.
Kiri Te Kanawa alcanzou rango lexendario case da noite á mañá tralo seu sensacional debut como a Condesa en Le Nozze di Figaro na Royal Opera House, Covent Garden, en 1971. A partir dese momento converteuse nunha das sopranos máis famosas do mundo.
A soprano Kiri Te Kanawa é unha das principais damas da ópera solicitada polos teatros máis importantes do mundo: Covent Garden, Metropolitan, Chicago Lyric Opera, a Ópera de París, o Teatro da Ópera de Sidney, a Ópera de Viena, La Scala, San Francisco, Múnic e Colonia. As súas heroínas líricas inclúen os tres principais papeis de Richard Strauss (Arabella, a Marschallin e a Condesa de Capriccio); a Fiordiligi, Donna Elvira, Pamina e naturalmente a Condesa Almaviva de Mozart; a Violetta, Amelia Boccanegra e Desdémona de Verdi; a Tosca, Mimi e Manon Lescaut de Puccini; a Rosalinde de Johann Strauss e a Tatiana de Tchaikovski, así como a Micaela (de Carmen) de Bizet e a Marguerite de Gounod.
Na sala de concertos, a súa natural serenidade e beleza vocal víronse arroupadas polos principais grupos orquestrais -a Sinfónica de Chicago, a Filharmónica de Los Ángeles, a Sinfónica de Londres e a Sinfónica de Boston-, baixo a batuta de directores da importancia de Claudio Abbado, sir Colin Davis, James Levine, Zubin Mehta, Seiji Ozawa e sir Georg Solti. Capriccio (dende a Ópera de San Francisco) e actuacións en concerto de My Fair Lady dende o Royal Albert Hall de Londres.
Kiri Te Kanawa naceu en Nova Celandia e descende da aristocracia maorí. Ós vinte anos conseguira os principais premios musicais do Pacífico Sur e iniciara xa a súa traxectoria no campo das gravacións, feito insólito para unha prima donna de calquera época.
Nomeada "Dame Commander" do Imperio Británico en 1982, Kiri Te Kanawa recibiu títulos honoríficos das universidades de Oxford, Dundee, Warwick, Auckland, Waikato, Nottingham, Chicago, Durham e Cambridge. É así mesmo membro honorario do Somerville College, Oxford, e o Wolfson College, Cambridge, e foi investida coa Orde de Australia en 1990. Na Lista de Honores do Aniversario da Raíña de 1995, foille outorgada a prestixiosa Orde de nova Celandia.
Como solista na voda da Súa Maxestade o Príncipe Carlos na catedral de San Pablo, protagonizou unha das transmisións televisadas en directo con maior audiencia da historia (calculada en máis de 600 millóns de persoas). En 1990, durante unha xira por Australia e Nova Celandia, cantou ante 140.000 persoas nun concerto ó aire libre na cidade de Auckland.
En 1994, tras vintecinco anos na cima do mundo musical, Kiri celebrou o seu quincuaxésimo aniversario ofrecendo un espectacular concerto no Royal Albert Hall de Londres.
A Dama Kiri segue a actuar en salas de concertos e teatros de ópera de todo o mundo. En 2002 cantou na Gala do 1 de xuño no palacio de Buckingham, na celebración do aniversario da Raíña, e interpretou o papel de Vanessa, de Barber na Ópera de Washington. Os seus compromisos para o ano en curso inclúen Nova Celandia, Australia e o Extremo Oriente.
Existen destacadas gravacións de Kiri Te Kanawa, que inclúen Don Giovanni, Le Nozze di Figaro, Cosí fan tutte, La flauta mágica e Tosca, entre outras.
Con versatilidade e elegancia, colaborou con Nelson Riddle en Blue Skies, un álbum de cancións populares americanas; a este seguiron álbums con cancións de Gershwin, Porter e Kern, e tres clásicos da música lixeira: My Fair Lady, South Pacific, e a súa única gravación de Bernstein, West Side Story.
A Dama Kiri segue a actuar en salas de concertos e teatros de ópera de todo o mundo. En 2002 cantou na Gala do 1 de xuño no palacio de Buckingham, na celebración do aniversario da Raína, e interpretou o papel de «Vanessa» na Ópera de Washington. Este ano, actuou en Nova Zelanda, e Australia e acaba de regresar do Xapón onde ofreceu varios recitais. Os seus compromisos para o ano en curso inclúen concertos en Escandinavia e concertos de Nadal en Inglaterra.
Programa do Concerto
W A Mozart
Ridente la calma, KV 152
An Chloe, KV 524
Abendempfindung, KV 529
Un moto di gioia, KV 579
F Mendelssohn
Auf flügeln des Gesanges, Op 34 No 2
F Schubert
Nacht und Traume, Op 43 No 2
F Schubert
Gretchen am Spinnrade, D 118
R Strauss
Die Nacht, Op 10 No 3
Das Rosenband, Op 36 No 1
Allerseelen, Op 10 No 8
Cäcilie, Op 27 No 2
II PARTE
H Duparc
Au pays où se fait la guerre
Extase
La vie antérieure
C Debussy
Romance
R Hahn
Á Chloris
G Fauré
Apres un Rêve
F P Tosti
Lasciami ! Lascia ch'io respiri (Quattro canzoni d'Amaranta) No.1
G Puccini
Morire
Sole e amore (Mattinata)
Canto d'anime (Pagina d'album)
Descargar todas as imaxes