O Alcalde recibe aos voluntarios da campaña contra a dobre fila
O Alcalde de Vigo, Ventura Pérez Mariño, agradeceulle a súa "altruísta contribución para que esta cidade mellore" aos voluntarios da campaña contra a dobre fila impulsada polo Concello.
Pérez Mariño e o concelleiro de Tráfico, Xulio Calviño, recibiron na galería da Alcaldía a una ampla representación dos 30 voluntarios que se prestaron para divulgar e formar parte das iniciativas que ven de poñer en marcha a corporación municipal para mellorar a circulación, como a colocación de multas falsas. Pérez Mariño asegurou que actitudes como as destes voluntarios dignifican e dan exemplo de entrega e adicación.
A campaña dirixida polo concelleiro Xulio Calviño divídese en dúas partes e comezou o pasado día 16 de outubro coa fase informativa, na que, entre outras medidas, se repartiron 50.000 polípticos de catro corpos e 90 talonarios de 100 follas de "falsas multas". A partir do luns, día 3, dará inicio unha segunda fase da campaña, na que se incrementará a presencia policial nas rúas e intensificarase a persecución das infraccións.
Descargar todas as imaxes