Escoitar

O VERBUM acolle o domingo unha conversa entre escolares e Pedro Duque

O concelleiro de Cultura , Xosé Carlos Arias , presentou o operativo para desenvolver o proxecto "Fala ISS.Conversa con Pedro Duque" que terá lugar o domingo 26 de outubro dende o VERBUM . Esta iniciativa parte da Axencia Espacial Europea ó proponerlle a colaboración ó Concello de Vigo para realizar unha actividade conxunta dende un centro como o VERBUM dedicado á palabra e á comunicación humana. Con tal motivo o Verbum só abrirará ó público xeral pola tarde, a partir das 16,30 horas. Durante a mañá o acceso estará restrinxido exclusivamente ós escolares gañadores do concurso da Axencia Espacial Europea, persoal da ESA e persoal da organización.

venres, 24 out 2003
1067003287pedro.jpg
Pedro Duque
A actividade consiste nunha conversa en directo entre un grupo de rapaces co astronauta español Pedro Duque, que estará no espacio na Estación Espacial Internacional (ISS) para desenvolver diversos traballos de investigación en diversos campos. A viaxe de Pedro Duque á ISS realízase nunha nave Soyuz entre os días 18 e 28 de outubro de 2003.

Os rapaces que falarán dende Verbum-Casa das Palabras foron seleccionados pola Axencia Espacial Europea (ESA) e formarán parte das 4 clases gañadoras do concurso convocado por este organismo dentro do programa "Fala ISS".

Os gañadores do concurso son:

1º de primaria CP Ramon Laporta de Sinarcas (Valencia) polo seu debuxo moi feliz e colorido.
3º de primaria CP El Centro Ingles de El Puerto de Santa María (Cádiz) pola súa visión do espacio chea de soños
5º de primaria CEIP Santa Mariña de Vigo (Pontevedra) pola súa conmovedora historia dunha rapaza que quería ser astronauta.
6º de primaria CP Matilde de la Torre de Ganzo-Torrelavega (Cantabria) polos seu marabilloso poema ilustrado 'De Cantabria al Cielo'.
Premio extra.- 2º de primaria CP Jose Mª de Lapuerta de Cartagena (Murcia) polo seu increíble foguete feito en papel maché ó estilo de Miró.
Grupo portugués.- A ESA ofreceu unha praza a unha clase de Portugal.: Os gañadores son unha clase de 3º de primaria E.B. 1/ J.L. de Casal do Cotão de Sintra (Lisboa) pola súa moi boa historia.

O día da conversa asistirán a Verbum-Casa das Palabras ó redor de 200 persoas : 4 aulas de primaria de diversas procedencias, os adultos acompañantes dos escolares, persoal da ESA, medios de comunicación e representantes de entidades e empresas vencelladas á tecnoloxía. A conversa con Pedro Duque vai seguirse tamén por videoconferencia ou Internet por 20 centros determinados pola ESA.
Descargar todas as imaxes