Escoitar

A grafoloxía en Noites Vivas

O Centro Xuvenil da rúa Uruguai desenvolve un obradoiro de grafoloxía dentro do programa de actividades de Noites Vivas. O obradoiro levarase a cabo o venres, día 24 en horario de 23.00h. ata ás 01.00horas e amosarase aos participantes as principais pautas básicas que se empregan en grafoloxía para estudiar a escritura.

xoves, 23 out 2003
1066915367noite.jpg
Noites Vivas
Estas pautas exemplificaranse con ilustracións, abordando unha aproximación panorámica das variables de estudio máis significativas (Organización, Tamaño, Forma, Dirección, Inclinación, Presión, Cohesión e Velocidade). Os participantes poderán verificar mediante unha proba escrita, as súas propias afinidades de personalidade. Tamén se incidirá sobre algunhas partes da sinatura e rúbrica. A asistencia ó obradoiro é limitada ata completar o aforo da sala.

A persoa que realizará o obradoiro é German Belda García-Fresca, consultor grafólogo, perito en Grafística e Documentólogo, titulado polo Instituto Español de Grafoloxía, e pola Universidade Autónoma de Barcelona. Director e fundador de GRAFOSTUDIUM (Gabinete técnico de Grafoloxía Aplicada) dende 1985, Vicepresidente e delegado da SOESPGRAF (Sdade. Española de Grafoloxía), Membro da SFDG (Sdade. Francesa de Grafoloxía), e de SIPDO (Sdade. Internacional de Peritos en Documentoscopía). Formador nas materias de grafoloxía e pericia caligráfica en Barcelona, Vigo, A Coruña e Zaragoza (dende 1985).
Descargar todas as imaxes