Abre a segunda edición da Feira de Asociacións da Universidade de Vigo, na que participa o Concello
A Concelleria de Xuventude está presente cun stand en Universitúa, II Edición da Feira de Asociacións da Universidade de Vigo , que se celebra os días 22 e 23 na Área Comercial da Cidade Universitaria. Belén Sío, concelleira de Xuventude, participou hoxe no acto de inauguración e subliñou que a xuventude de Vigo representa máis do 25% da poboación total da nosa cidade e que no seu departamento municipal ofrecese ós xoves información, espacios para reunirse e asesoramento de actividades, entre outras cousas.
Servicios da Universidade, asociacións universitarias, entidades públicas e privadas repartiranse entre os 59 postos que colocará o Universitúa, onde ademais se poderán atopar diferentes tipos de actuación cultural ata as preto de 200 que se organizaron para a ocasión. Entre os máis curiosos poderíanse citar os de escritura xaponesa, linguaxe de signos, degustación de productos típicos ou artesanía latinoamericana, aínda que non faltarán os clásicos xogos de rol, obradoiro de teatro e mesmo un concurso de redacción xornalística organizado polo DUVI.
Baixo o título xenérico de "Voluntarios por un día", o Universitúa desenvolverá unha serie de actividades orientadas á participación de voluntarios en actividades realizadas por persoas con discapacidade do tipo obradoiros de coiro ou xincana de sensacións, impartidas por persoas con discapacidade. "Universitarios do Mundo" é outra das novidades da presente edición: danzas do mundo, bebidas multiculturais ou tatuaxes achegarán ós universitarios nativos á diversidade multicultural da propia Universidade. Neste sentido, a exposición permanente "A outra cara de África", organizada pola Asociación para a integración e o desenvolvemento africano, mostrará aspectos diversos da realidade do continente veciño.
Entre os máis de dez mil universitarios que visitaron a primeira edición do Universitúa –na meirande parte procedentes das facultades de Dereito Económico e Ciencias Económicas e Empresariais-, os postos de maior éxito foron o de Investigacións Mariñas de Vigo (ISUV) e o da Asociación pola Liberación Animal. No tocante ás actividades, teatro, recitais poéticos, concertos e degustacións gratuítas de comida foron as máis concorridas.
Descargar todas as imaxes