Vigofeira alcanza a súa décima edición co obxectivo de potenciar o turismo galego
Potenciar o turismo na eurorrexión Galicia-Norte de Portugal é un dos obxectivos fundamentais do certame Expogalaecia que se celebrará en Vigo entre os días 30 de outubro e 2 de novembro no marco da feira multisectorial Vigofeira, que alcanza su décima edición.
O certame foi presentado hoxe en roda de prensa pola concelleira de Comercio e Turismo, María Xosé Porteiro, quen subliñou o interese que ten para a cidade unha iniciativa deste tipo, dirixida a fomentar no soamente o turismo sino tamén outras actividades dirixidas a consolidar a cidade olívica como referente na organización de congresos.
A concelleira subliñou a participación de máis de trescentas empresas na multisectorial en xeneral e no salón dedicado ao turismo, ao tempo que se referiu ó papel que o Instituto Feiral de Vigo está desempeñando no desenvolvemento económico de Vigo.
Vigofeira ocupará unha superficie de 23.500 metros cadrados cubertos e contará coa presencia de 280 expositores que mostrarán as últimas novidades en mobles e decoración, artesanía, alimentación, moda, gastronomía etc. A multisectorial completase con catro amplos salóns dedicados ao moble, o turismo, a moda e a oferta para discapacitados.
Polo que respecta ao salón Expogalaecia, con 8.000 metros cadrados de superficie, nesta ocasión confirmaron a súa presencia touroperadores de 25 países, confirmando dese modo que se trata dun evento internacional de primeira liña que conta coa presencia de destacados axentes e institucións relacionados co sector.Ademais participarán como expositores una ducia de países, que tratan de presentar aos visitantes seus respectivas ofertas en materia turística.
Unha das novidades nesta edición de Expogalaecia será o desenvolvemento dunha bolsa de contratación, que reunirá en Vigo a touroperadores, axentes de viaxes e representantes de compañías aéreas de toda Europa cos propietarios de máis de 100.000 prazas hoteleiras de Galicia e Portugal.
Vigofeira consolidase como o certame con máis tradición na cidade de Vigo, e os organizadores esperan que nesta décima edición supérese o número de visitantes do ano anterior, cifrado en 65.000 persoas.