Resolución en relación ás nominacións de concellerías
A concelleira de Goberno e voceira do grupo municipal do PSdG-PSOE, María Xosé Porteiro, deu a coñecer a resolución asinada o luns polo alcalde na que se deixa sen efecto as nominacións efectuadas a varias concellerías.
Texto integro da resolución: " Mediante resolución de data 11.07.03 (BOP de 4 de agosto) e ó amparo do sinalado no artigo 75.5 da Lei 7/1985, de 2 de abril, Reguladora das Bases de Réxime Local, esta Alcaldía determinou a relación nominal dos Concelleiros que desempeñan os cargos da Corporación ós que o Pleno do Concello recoñeceu un réxime de dedicación exclusiva e parcial.
Mediante Resolución do día 16 de outubro esta Presidencia, en virtude da avocación das competencias a eles delegadas, ten acordo o cese de determinados Concelleiros Delegados de Área e de Servicio que desenvolvían os seus cometidos nos réximes indicados.
Supoñendo o cese mencionado o non desempeño das funcións propias do cargo, esta Alcaldía resolve:
Primeiro.- Deixar sen efecto as nominacións que a Resolución de data 11.07.03 efectúa ás Concellerías Delegadas que a continuación se citan.
- Concellería Delegada da Área de Promoción Económica, Emprego, Comercio, Turismo e Pazo de Congresos.
- Concellería Delegada da Área de Benestar Social.
- Concellería Delegada da Área de Vías e Obras, Augas e Saneamento.
- Concellería Delegada da Área de Cultura.
- Concellería Delegada do Servicio de Limpeza e Recollida Selectiva.
- Concellería Delegada do Servicio de Participación Cidadá.
- Concellería Delegada do Servicio de Festas e Animación Sociocultural.
Segundo.- Comunicar a presente Resolución ós Concelleiros interesados.
Terceiro.- Comunicar a presente Resolución ós servicios administrativos que correspondan.
Cuarto.- Publicar a presente Resolución no Boletín Oficial da Provincia (BOP) e no Taboleiro de Edictos do Concello."
Descargar todas as imaxes