160 centros de ensino participaran no programa "Vigo por dentro"
O concelleiro de Educación Xulio Calviño recibiu hoxe a alumnos de primaria do colexio público doutor Fleming que iniciaron o programa educativo municipal "Vigo por Dentro" cunha visita ás instalacións da policía municipal do Concello. O programa quere propiciar que os escolares descubran a cidade e as posibilidades que esta ofrece, mediante visitas de carácter didáctico ou itinerarios formativos a lugares e centros de interese clave.
Este curso participarán 160 centros educativos, tanto públicos como privados concertados. A oferta abarca un total de 95 itinerarios diferentes, repartidos entre os tres niveis educativos ( educación infantil, primaria e secundaria e pos-obrigatoria) e enfocados a escolares de idades comprendidas entre 3 e 17 anos. As visitas didácticas desenvolveranse entre o 20 de outubro ata o 11 de xuño do ano 2004, en horario de 10 a 12 horas. Diariamente participan no programa preto de 250 escolares.
O programa educativo municipal "Vigo por dentro" é unha experiencia didáctica que dende o ano 1990 ven desenvolvendo o Concello de Vigo a través da Concellería de Educación mailo IME –Instituto Municipal de Educación-.
O obxectivo principal do programa é potenciar a idea dunha cidade educativa, como lugar privilexiado para achegar o alumnado de xeito activo á realidade territorial, socioeconómica, medioambiental, cultural, artística e histórica da cidade onde reside, co propósito de obter un coñecemento da mesma que o implique e identifique co seu espacio vital.
As visitas didácticas do programa están consolidadas nas programacións escolares da meirande parte dos centros educativos da nosa cidade, adquirindo un papel protagonista de primeira orde incurso no proceso de ensinanza-aprendizaxe, xa que posibilita a apertura da escola á cidade e viceversa.
Descargar todas as imaxes