O corpo da muller centra o debate das Xornadas das Mulleres Veciñais
"O corpo da muller. A pel que fala" é o título da XI Xornadas das Mulleres Veciñais de Vigo que se celebrarán do 21 ó 24 de outubro na sala de conferencias de Caixanova , organizadas pola Federación de Veciños e conta co apoio da Concellería da Muller.
Mediante talleres diarios de temas como "Pagarás co teu corpo", "As batallas do sexo e a beleza", "Unha viaxe a través dos corpos femininos", "O noso corpo: espacio da expresión corporal" fomentarase a reflexión e profundización nestes contidos . As persoas que dirixiran os obradoiros son a xornalista Carmen Fernández Sampedro, a psicóloga Lidia Gómez Valverde , a filósofa Mercedes Oliveira e a psicóloga Carmen Clavería Prada.
As interesadas en inscribirse poden dirixirse ás asociacións de veciños federadas, chamar aos teléfonos 986 223067 e 986 227296 ou mediante correo eduardochao@eduardochao.org
Descargar todas as imaxes
As interesadas en inscribirse poden dirixirse ás asociacións de veciños federadas, chamar aos teléfonos 986 223067 e 986 227296 ou mediante correo eduardochao@eduardochao.org