Escoitar

o alcalde anima aos participantes do torneo de Hóckey sobre patíns

O alcalde, Ventura Pérez Mariño,recibiu os participantes da 20 edición do Torneo Cidade de Vigo de Hóckey sobre patíns que se celebrará o 17 e 18 outubro no pavillón central das Travesas e que está organizado Federación Galega de Patinaxe. O Alcalde de Vigo, Ventura Pérez Mariño, asegurou que o feito de que a cidade acolla o XX Torneo Cidade de Vigo de Hóckey sobre Patíns supón unha oportunidade relevante para espertar o interese deste deporte entre a xuventude e mostrou o seu agradecemento ás persoas que ano tras ano se esforzan porque este campionato siga sendo un dos máis importantes a nivel internacional.

venres, 17 out 2003
1066398643ho.jpeg
Pérez Mariño calificou o torneo que este fin de semana se desenvolve no pavillón de As Travesas como espectáculo único para a cidade e se congratulou de que os vigueses teñan a oportunidade de presenciar un evento deportivo de primeiro orde. O Alcalde ratificou o apoio do Concello ao deporte e reiterou o seu agradecemento ás persoas que se esforzan por impulsar de xeito altruísta o deporte na sociedade.

Á recepción asistiu o delegado da Federación Galega de Vigo e organizador, Julio Sainz; o vicepresidente da Federación Española e Galega; o delegado do Club Liceo de Barcelona; o vicepresidente do Club Igualada de Barcelona, representantes do Club Barcelona e do Oporto e o presidente do Comité Europeo de Hóckey sobre patíns.

O torneo comezará o día 17 ás 20 horas co partido entre o F.C. Barcelona e F.C. Oporto e ás 21.30 horas enfrontaranse o H.C. Liceo Vodafone e o Barna Work Igualada. O día 18 ás 20 horas disputarase o partido do postos 3º e 4ª ( perdedores da primeira xornada) e ás 21.30 horas a final entre os equipos gañadores da primeira xornada.

Os partidos son dirixidos por árbitros internacionais, nomeados polo Comité Europeo de Árbitros que para o torneo Cidade de Vigo seleccionou a Jorge Vasques e José Pinto de Portugal e Teresa Martínez e Jordi Aragonés de España.

Os prezos para asistir ó torneo son un bono para as dúas xornadas de 6 € ; para a primeira xornada a entrada é de 4 € e para a segunda xornada de 5 euros.
Descargar todas as imaxes