Escoitar
Bando

Inicio da campaña de limpeza de terreos e beiravías

Os servicios municipais de Limpeza, en colaboración cos de Sanidade, Urbanismo e Medio Ambiente desenvolverán unha campaña de limpeza e de recollida de residuos en terreos e beiravías . A campaña comezará o martes día 22 e rematará o mes de xaneiro de 2004.

venres, 17 out 2003
1066397056parques.jpg
Para mellorar a eficacia deste programa, a campaña realizarase por barrios e parroquias seguindo o seguinte calendario:
 22 de outubro: - Valadares – Matamá
 29 de outubro - Zamáns – Beade
 05 de novembro - Bembrive – Cabral
 12 de novembro - Candeán – Lavadores
 19 de novembro - Teis – San Xoán
 26 de novembro - Sampaio – Calvario
 03 de decembro - Saiáns – Oia
 10 de decembro - Coruxo – Comesaña
 17 de decembro - Castrelos – Sárdoma
 07 de xaneiro do 2004 – Florida - Coia – Bouzas
 14 de xaneiro do 2004 – Navia – Alcabre
 21 de xaneiro do 2004 – Salgueira - Freixeiro

Antes das datas indicadas no calendario, os/as propietario/as cortarán as silveiras e maleza dos seus terreos e a recoller os residuos alí depositados. Deberán tamén limpar as gabias dos camiños particulares colocando os refugallos ordenadamente á beira do terreo para facilitar a súa recollida. Os servicio municipais trasladarán os residuos ao lugar axeitado.

O Concello solicita a maior colaboración das e dos propietarios e da veciñanza en xeral. O teléfono 986 28 19 00 estará a súa disposición para que lle indiquen ao Servicio Municipal de Limpeza as circunstancias especiais de perigo ou insalubridade e faciliten dese xeito a súa eliminación.

Advírteselles expresamente ás persoas que non limpen os seus terreos e non participen nesta campaña que esa conducta está tipificada como infracción no artigo 50.1.b da ordenanza municipal; e que pode ser sancionado con unha multa de 90, 15 €. (art. 51.1.a).

O Concello apela ao seu civismo para lle evitar molestia ao conxunto da cidadanía.
Descargar todas as imaxes