mércores, 22 outubro 2003

Abre a segunda edición da Feira de Asociacións da Universidade de Vigo, na que participa o Concello

A Concelleria de Xuventude está presente cun stand en Universitúa, II Edición da Feira de Asociacións da Universidade de Vigo , que se celebra os días 22 e 23 na Área Comercial da Cidade Universitaria. Belén Sío, concelleira de Xuventude, participou hoxe no acto de inauguración e subliñou que a xuventude de Vigo representa máis do 25% da poboación total da nosa cidade e que no seu departamento municipal ofrecese ós xoves información, espacios para reunirse e asesoramento de actividades, entre outras cousas.

Consello da Xerencia Municipal de Urbanismo

mércores, 22 out 2003

O xoves, a partir das dez da mañá, reunese a Xerencia de Urbanismo, na que se tratará entre outos asuntos da orde do día a aprobación inicial da modificación puntual do PXOU no ámbito do sanatorio de Fátima.

ARTFUTURA, prorroga dous días as proxeccións

mércores, 22 out 2003

Dado o éxito de público obtido coa presentación do programa audiovisual de arte e tecnoloxía ARTFUTURA 2003, o MARCO decidiu prorrogar as proxeccións durante dous días máis, nos que se fará a reposición daquelas partes da programación que tiveron maior aceptación entre o público.