Escoitar

ARTFUTURA, prorroga dous días as proxeccións

Dado o éxito de público obtido coa presentación do programa audiovisual de arte e tecnoloxía ARTFUTURA 2003, o MARCO decidiu prorrogar as proxeccións durante dous días máis, nos que se fará a reposición daquelas partes da programación que tiveron maior aceptación entre o público.

mércores, 22 out 2003
1066821931fes.jpg
Imaxe do festival
As proxeccións que se reporán son 3D Infografía en España (60’), Art Futura Show (60’) e Interstella 5555 (64’). Os pases serán o xoves e venres ás 20 horas no salón de actos do Marco . O prezo da entrada segundo tarifas: prezo xeral 3 € ; estudiantes con carné / maiores de 65 anos / desempregados / pensionistas: 2 €; nenos-as ata 6 anos: gratuíta ; de 7 a 14 anos: 1 € e Amigos do MARCO: gratuita

3D INFOGRAFÍA EN ESPAÑA (60’)
O Premio 3D Infografía en España ofrece os mellores traballos de animación 3D e efectos especiais producidos durante o último ano. O público terá a oportunidade de votar ó gañador do Premio Infografía en España 2003.

ARTFUTURA SHOW (60’)
Os mellores traballos de animación dixital creados internacionalmente, coa inclusión de "Eternal Gaze" de Sam Chen, que obtivo o Premio á Mellor Animación na derradeira edición do Siggraph.

INTERSTELLA 5555 (64')
Un experimento que explota a capacidade do DVD para ser un novo medio total que integre por completo imaxes e música. A música do grupo francés Daft Punk (Thomas Bangalter e Guy-Manuel de Homem Christo) cobra vida gracias ó traballo dun dos iconos da animación xaponesa, Leiji Matsumoto. O resultado é unha nova clase de musical, completamente animado. En Interstella 5555, Daft Punk e Matsumoto atópanse para contar a historia de catro músicos doutra galaxia que son raptados por un malvado manager e acaban convertíndose no grupo máis popular da Terra.
Descargar todas as imaxes