Escoitar

Acordos da Comisión de Goberno

A Comisión de Goberno aprobou hoxe un convenio de colaboración entre o Instituto Galego de Vivenda e Solo e o Concello de Vigo en materia de actuación na área de rehabilitación do Casco Vello.

luns, 20 out 2003
O número de actuacións de rehabilitación protexidas é de 40 vivendas . O orzamento total das actuacións prevista é de 1.127.200,91 €, contribuíndo ó seu financiamento o Ministerio de Fomento cun total de 144.241,92 € repartido nos exercicios de 2001,2003 e 2004, e o IGVS, que contribuirá coa mesma cantidade no período 2003-2004. Os promotores particulares, pola súa parte, deberán achegar un total de 838.715,10 €.

A Comisión de Goberno tamén acordo contratar coa empresa Estrategia, Asesoría y Congresos,S.L. a asistencia técnica para a redacción dun estudio de viabilidade do Mercado do Berbés, por un importe máximo de 29.000 € e adxudicar á empresa Vifrig,S.L. o subministro e instalación de aire acondicionado para as naves que compoñen o mercado de A Pedra , por un importe máximo de 25.951,52.