O Concello organiza un programa de formación do voluntariado ambiental
A concellería de Participación Cidadá organiza un Programa de Formación do Voluntariado Ambiental que se materializa no desenvolvemento de dous cursos, un seminario e se completa cunha mesa redonda. Os cursos realizaranse entre os días 3 e 4 de novembro ata o 1 de decembro. O obxectivo prioritario do Programa é crear un equipo de coordinadores de voluntarios ambientais estable e actualizado que colabore coa organización das actividades de protección e mellora ambiental do Concello de Vigo.
A medio e longo prazo e a través do impulso da Oficina Municipal de Voluntariado do Concello de Vigo traballarase nos seguintes eidos: deseñar un programa de voluntarios ambientais para o municipio de carácter anual; sensibilizar a todo o tecido asociativo co fin de que incorpore as actividades ambientais á súa vida organizativa; informar á cidadanía para que se sumen ás iniciativas voluntarias promovidas pola Oficina Municipal de Voluntariado e crear a primeira rede estable de voluntariado ambiental do municipio de Vigo.
O programa está destinado ás persoas inscritas como voluntarios na oficina municipal de voluntariado; aos responsables e afiliados das asociacións do municipio interesados en comezar a traballar no eido ambiental ou en ampliar coñecementos para coordinar futuros grupos de voluntariado nas súas respectivas organizacións; persoas dos diferentes colectivos ecoloxistas e persoal propio e colaborador do Concello de Vigo.
Descrición dos cursos e semanarios
O primeiro curso de "formación para coordinadores de voluntariado ambiental" tenta aprender novos modelos de xestión co fin de establecer métodos actuais e de mellora continua na organización do voluntariado do Concello. As datas na que se celebrará son do 3 de novembro ó 1 de decembro no centro Cívico Casco Vello en horario de luns, mércores e venres de 19.00h a 22.00 horas.
O segundo curso de "formación para voluntarios ambientais" presentará aos asistentes o marco global do voluntariado en Galicia, así como as súas principais claves para colaborar de xeito eficaz coas accións deseñadas polo Concello. As datas deste cursos son do 4 de novembro ó 1 de decembro, no Centro Cívico Casco vello, os martes, mércores e venres de 19.00h a 22.00h.
Os días 18 e 19 de novembro terá lugar un seminario sobre "O papel do Voluntariado Ambiental no Municipio de Vigo", na aula sociocultural de CaixaGalicia de 18.00h. a 21:45h.
O 4 de decembro celebrarase unha mesa redonda sobre "Voluntariado ambiental nos concellos:retos un ano despois do Prestige", na aula sociocultural de CaixaGalicia de 20:30h. a 21.45h.
Todas as persoas que desexen participar neste programa poderán realizar a inscrición na Oficina Municipal do Voluntariado do Concello de Vigo dende o 20 ó 31 de outubro, en horarios de luns a venres de 9:30h a 13.30 horas e tamén os martes, mércores e xoves de 17.00 horas a 19.00h.
Descargar todas as imaxes