Escoitar
Anuncio de Educación

Oferta de prazas da Escola Municipal de Teatro

O Concello de Vigo oferta, en convocatoria aberta a todas/os as/os menores interesadas/os, as seguintes prazas para o curso 2003/2004: alumnado de educación primaria (6-12 anos): 38 prazas; alumnado de educación secundaria, bacharelato e ciclos formativos de grao medio (12-17 anos): 34 prazas.

xoves, 23 out 2003
A preinscrición realizarase en horario de 9:00 a 13 horas, na Concellería de Educación, no primeiro andar da Casa do Concello, onde se facilitará o impreso de inscrición, que deberá entregarse debidamente cuberto antes do 30 de outubro de 2003, nesas mesmas dependencias e horario.

En aplicación da Ordenanza de tributos e prezos públicos de 2003 a taxa de matrícula fíxase en 20,15 euros e as mensualidades importarán 17,50 euros cada unha. En xaneiro verase incrementado o seu importe polo IPC correspondente.

Información: Concellería de Educación, teléfono 986 810181.