Escoitar

O Concello promove aulas de medio ambiente

A concelleira de Medio Ambiente; María Xosé Porteiro, ven de presentar a posta en marcha de aulas de medio ambiente que se organizan conxuntamente coa Federación de Asociacións de Veciños. O obxectivo é facer un traballo de campo polas distintas parroquias de Vigo, a partir das asociacións veciñais, no que se estudie a flora, fauna, paisaxe, clima e etnografía de cada territorio.

venres, 24 out 2003
1067002254medio.jpg
Presentación das aulas
Para a realización do estudio recollerase ademais aqueles topónimos, usos, tradicións e costumes relacionados cos elementos máis salientables do medio natural. Estableceremos 5 módulos de traballo que pensamos reflicten os principais eidos do medio natural.

Durante os días de actividade realizaranse outras actividades complementarias que terán por obxectivo analizar e aportar información sobre os datos que se vaian recollendo. Dentro destas actividades complementarias tentarase fomentar unha conciencia activa fronte os problemas ambientais que se detecten durante a recollida de información.

O período para realizar as actividades son durante os meses de outubro a decembro. Esto permitirá observar "in situ" gran parte da flora e fauna da que se pretende recoller información, así como percibir as variacións estacionais, climatolóxicas, productivas, paisaxísticas e medioambientais que se vaian producindo.
Descargar todas as imaxes

Máis información