Acordos do pleno da Corporación Municipal
O Pleno da Corporación comezou gardando un minuto de silencio pola morte do sarxento de Vigo, Luis Puga Gondar, falecido en Irak a causa das feridas provocadas por un disparo.
O Pleno da Corporación comezou gardando un minuto de silencio pola morte do sarxento de Vigo, Luis Puga Gondar, falecido en Irak a causa das feridas provocadas por un disparo.
A soprano Kiri Te Kanawa acompañada ao piano de Jonathan Papp ofrecen o concerto de inauguración do festival de Música AREMORE que organiza a Concellería de Cultura. O concerto celebrarase o martes a partir das 20.30 horas no Cine Fraga-Caixa Galicia. O Festival Are More ofrece 18 concertos que se desenvolveran ata o 19 de decembro nos escenarios do teatro Cine Fraga, o Conservatorio de Música, a Igrexa Concatedral de Santa María e o salón de actos do Marco. Kiro Te Kanawa intepretará obras de W A Mozart, F Mendelssohn, F Schubert, R Strauss, H Duparc, C Debussy e F P Tosti.
A Concellería de Turismo e Comercio do Concello de Vigo colaborar coas asociacións de comerciantes da cidade na decoración lumínica das rúas durante as festas do nadal, seguindo políticas de aforro enerxético e paliativas da contaminación lumínica.
Respostando á demanda plantexada pola cidadanía viguesa con motivo da crise do Prestige, a Oficina Municipal de Voluntariado ven de convocar 40 prazas en dous cursos de formación para coordinadores de equipos de voluntarios ambientais, e para labouras de voluntariado ambiental.