Acordos do pleno da Corporación Municipal
O Pleno da Corporación comezou gardando un minuto de silencio pola morte do sarxento de Vigo, Luis Puga Gondar, falecido en Irak a causa das feridas provocadas por un disparo.
O alcalde continuou a sesión dando conta das resolucións da Alcaldía pola que se avocan as atribucións delegadas en determinados concelleiros delegados de Área e Servicios, cesándolles nos respectivos cargos e tamén na súa condición de membros da Comisión de Goberno, ase como de determinadas atribucións en concelleiros delegados de servicios. Tamén se deu conta da resolución pola que se estructuran os servicios corporativos e se nomean e se delegan en determinados concelleiros de Área e Servicios distintas atribucións.
Fora da orden do día aprobouse, cos votos do PP e do BNG, unha moción do grupo municipal do BNG relativa ás retribucións anuais dos concelleiros quedando do seguinte xeito: alcalde 70168,42€; voceiro/a do grupo municipal do PP 59.643,23 €; voceiro do grupo municipal do BNG 59.643,23 €; voceiro do grupo municipal DPG 59.643,23 €; 2 concelleiros/as do grupo municipal do PP membros de C.Informativa 59.643,23 €; 2 concelleiros/as do grupo municipal do PSOE membros de C. Informativa 59.643,23 €; 2 concelleiros/as do grupo municipal do BNG membros de C. Informativa 59.643,23 €. Realizarán as súas funcións en réxime de adicación parcial e resto dos corporativos, membros de comisións informativas, adicando 7 horas como mínimo a semana e cunha retribución integra anual de 10.812 euros.
O pleno acordou dar de alta no Inventario Municipal de Bens e Dereitos o inmoble da propiedade municipal chamado "Antigua Residencia de Oficiais en Barreiro", sito na Avda. Ramón Nieto e a súa cesión gratuíta á Fundación Monte do Gozo o dereito de uso do inmoble polo prazo de vintecinco anos e para o seu destino exclusivo como Centro de Rehabilitación e Axuda os Toxicómanos.
A Corporación acordou prestar conformidade á proposta de modificación do convenio de colaboración entre o Concello de Vigo e os representantes das sociedades mercantís Centro Comerciales Continente S.A. e Centros Shopping S.A( hoxe "Centros comerciais Carrefur.S.A") no senso de estudiar a posibilidade de substituír o acceso peonil ao Colexio de Frián_Teis, por un acceso rodado e a renovación do sistema de alumeado actual entre as rúas Bailén e Cantabria, nas dúas beirarrúas, de acordo co proxecto de urbanización realizado polo Ministerio de Fomento e que por acordo plenario se asumiría nas obras do paso inferior da estrada nacional 550 ( Travesía de Vigo) actualmente en construcción.
Descargar todas as imaxes