Turismo asina convenios cos comerciantes para o alumeado do Nadal
A Concellería de Turismo e Comercio do Concello de Vigo colaborar coas asociacións de comerciantes da cidade na decoración lumínica das rúas durante as festas do nadal, seguindo políticas de aforro enerxético e paliativas da contaminación lumínica.
Por este motivo, a Concellería pretende seguir potenciando a substitución dos arcos tradicionais de lámpada de máis de 15 watios por outras figuras decorativas de baixo consumo –microbombilla e tubo de flex, co obxecto antes aludido e para unificar os criterios estéticos nas diferentes zonas da cidade.
Ata o de agora o proceso seguido para a autorización deste tipo de instalacións careceu dunha regulación homoxenea, tanto con respecto á tramitación das autorizacións como en relación coas características técnicas da instalacións realizadas, producíndose situacións inaceptables no que respecto ó consumo enerxético.
Con este obxecto, elaborouse no ano 2001 por parte do departamento de Comercio, en colaboración co departamento de Electromécanios, unha normativa para a instalación de alumeado extraordinario do Nadal nos viais de carácter público da cidade de Vigo, que foi aprobada pola Comisión de Goberno de data 16 de xullo do mesmo ano.
A decoración lumínica que se recomenda nesta normativa é a de lámpadas de baixo consumo, así como fío luminoso e fibra óptica, en todo caso con potencia inferior a 15 watios.
Con este fin, a Concellería de Turismo chegou a un acordo coas asociacións de comerciantes de Vigo para aplicar esta nova normativa e para colaborar na implantación desta decoración lumínica no nadal, xa que logo a decoración lumínica das rúas contribúe á potenciación do comercio nas datas do nadal.
A Concellería de Comercio asinará un convenio de colaboración coa Federación de Comercio de Vigo, por un importe de 79.789,56€ ; coa Asociación de Comerciantes "Os Peiraos" zona monumental Casco vello por un importe de 16.000€ e coa Asociación de Comerciantes Zona centro por 15.400€ co obxecto de que as devanditas entidades organice o alumeado do Nadal naquelas rúas que pertencen ás asociacións federadas.