xoves, 30 out 2003
Luisa Muñoz Abeledo é a gañadora do I Premio de Investigación Festa da Palabra que convocou a concellería de Muller e a FIGA (Feministas Independentes Galegas) polo traballo "As mulleres de La Artística. Un estudio sobre o traballo feminino na industrialización de Galicia". O premio está dotado con 4.200 euros e maila publicación do estudio.
xoves, 30 out 2003
A concellería de Cultura ven de enviar cartas ós colexios da cidade na que se informa dos concertos do ciclo de Música ARE-MORE e particularmente da ópera para escolares destinada preferentemente ó 2º e 3º ciclo de primaria.
xoves, 30 out 2003
A concelleira de Benestar Social, Belén Sío, preside a xuntanza do proxecto de cooperación transfronteiriza España-Portugal "CAMI" (Camiño do Miño). Trátase dun programa de fomento á cooperación e integración social, laboral e institucional. Os promotores do proxecto son entidades en favor das persoas con minusvalía, concretamente dúas entidades portuguesas e a Fundación MENELA de Vigo que actúa como responsable do proxecto.A reunión terá lugar o venres ás 12 horas na Sala da Comisión de Goberno do Concello de Vigo.
xoves, 30 out 2003
O alcalde de Vigo, Ventura Pérez Mariño, avaliou a decisión do goberno luso de impulsar a posta en marcha do tren de alta velocidade con Galicia , e subliñou a importancia que suporá para a comarca de Vigo dispor dunha comunicación deste tipo. O alcalde facía estas manifestacións durante o acto de inauguración do certame multisectorial Vigofeira e do salón de Turismo Expogalaecia, que permanecerán abertos ao público ata o próximo domingo no Instituto Feiral de Vigo.