Vigoferia abre as súas portas no IFEVI
O alcalde de Vigo, Ventura Pérez Mariño, avaliou a decisión do goberno luso de impulsar a posta en marcha do tren de alta velocidade con Galicia , e subliñou a importancia que suporá para a comarca de Vigo dispor dunha comunicación deste tipo. O alcalde facía estas manifestacións durante o acto de inauguración do certame multisectorial Vigofeira e do salón de Turismo Expogalaecia, que permanecerán abertos ao público ata o próximo domingo no Instituto Feiral de Vigo.
Segundo o rexedor vigués a importante presencia de expositores portugueses en Expogalaecia é unha mostra evidente do entendemento que hai entre os concellos que conforman o Eixo Atlántico.
Pola súa banda, o conselleiro de Innovación, Industria e Comercio, Juan Rodríguez Yuste, avogou pola potenciación das relacións na eurorexión Galicia-Norte de Portugal, xa que na súa opinión a cooperación repercutirá de forma positiva nos intereses das dúas zonas.
No acto de inauguración interviu tamén José Manuel Barbosa, presidente de ASEHOSPO ( Asociación Empresarial de Hospedaxe de Pontevedra) que anunciou a próximo constitución do Cluster do Turismo de Galicia e Portugal que reunirá ás empresas do sector independentes con obxecto de levar a cabo accións dirixidas a competir coas grandes cadeas hoteleiras.
Vigofeira e Expogalaecia reúnen en 23.000m2 a unhas 300 empresas e institucións de distintos puntos de España e Portugal; no salón de turismo contase ademais con representación dun ducia de países que pretenden promover as súas respectivas ofertas.
Descargar todas as imaxes