Luisa Muñoz, gañadora do traballo de investigación sobre o papel feminino na industria galega
Luisa Muñoz Abeledo é a gañadora do I Premio de Investigación Festa da Palabra que convocou a concellería de Muller e a FIGA (Feministas Independentes Galegas) polo traballo "As mulleres de La Artística. Un estudio sobre o traballo feminino na industrialización de Galicia". O premio está dotado con 4.200 euros e maila publicación do estudio.
Co premio pretendíase mostrar os avances das mulleres nos aspectos sociolóxicos, económicos e culturais, así como a súa contribución á sociedade galega do século XX. Ó premio optaron dous traballos cos lemas: As mulleres de La Artística. Un estudio sobre traballo feminino na industrialización de Galicia " e " La Artística. Progreso dunha empresa en clave feminina".
Os integrantes do xurado logo de valorar o rigor científico, as fontes primarias de investigación, o material gráfico e demais documentación de apoio decidiron outorgar por unanimidade o premio ó traballo presentado por Luisa Muñoz. A proposta de todos os membros do xurado acordouse promover a edición dos dous traballos presentados, xa que ambos son complementarios, por medio dun soporte divulgativo de maior difusión, como pode ser a través dun Cd-rom.
O xurado, que se reuniu onte, estaba integrado por María Xosé Porteiro, concelleira da Muller; María Xosé Queizán, directora da Revista Festa da Palabra Silenciada; Albino Prada, profesor da Universidade de Vigo; Ana de Miguel, profesora da Universidade de A Coruña e Ana Martínez, tamén profesora da Universidade de A Coruña.
María Xosé Queizán afirmou, durante o acto de presentación da gañadora, que este premio quere servir para amosar os aspectos menos coñecidos do traballo feminino como o das mulleres na industria e nas fábricas galegas, coa achega de datos fiables e concretos.
Luisa María Muñoz Abeledo, gañadora do premio, é licenciada en Ciencias Económicas pola Universidade de Santiago de Compostela e Doutora en Económicas, pola Universidade Autónoma de Barcelona. Ten publicado os seguintes traballos de investigación: "Formación e mercado de traballo nas industrias marítimas. Un caso empírico en Bueu", "Idade e sexo na mobilidade xeográfica e ocupacional. Un caso de estudio na industria conserveira galega:Bueu", "Galicia, Vivir no Atlántico Norte"; "Las relaciones laborales y la estructura del mercado de trabajo en la industria de conservas de pescado durante el franquismo" e "Hombres, mujeres y latas: la segmentación laboral en la industria de conservas de pescado".
Descargar todas as imaxes