Escoitar

O Concello ofrece unha ópera para o público infantil na programación do ARE-MORE

A concellería de Cultura ven de enviar cartas ós colexios da cidade na que se informa dos concertos do ciclo de Música ARE-MORE e particularmente da ópera para escolares destinada preferentemente ó 2º e 3º ciclo de primaria.

xoves, 30 out 2003
1067518757AREMORE.jpg
Na liña de formación de públicos, o Concello ofrece unha ópera para rapaces "BRUNDIBAR" , en dous actos, de Hans Krása e libreto de Adolf Hoffmeister (1938). As representacións terán lugar no Cine Fraga Caixa Galicia o día 21 de novembro (venres) ás 10,00 e ás 12,00 h para escolares e pola tarde ás 20,30 h. para o público familiar.

Esta ópera é moi axeitada para todo tipo de públicos, por distinta razóns: foi composta para nenos e mozos, é dicir dende a súa creación está destinada a este tipo de público novo. A súa duración: unha hora, aproximadamente, sen intermedio. A súa temática por tratar sobre A Paz. O idioma (represéntase en castelán; o idioma orixinal é o checo).

SINOPSE:
Os irmáns Anita e Pepín necesitan con urxencia mercar leite para a súa nai enferma. Os nenos non teñen diñeiro. De camiño ó mercado percátanse dos diversos oficios que existen: xeladeiro, panadeiro, leiteiro. Un policía explícalles que só quen traballa recibe diñeiro. Anita e Pepín miran o home do organillo, Brundibár, quen por tocar música diante da xente percibe moitos cuartos. Deciden pois, facer o mesmo, cantando alegres cancións para a xente. Pero ninguén os mira nin os escoita, porque as súas voces son débiles de máis e o son forte do organillo o impide. Brundibár anoxado, reacciona expulsando ós nenos do lugar. Os nenos tristes reciben axuda dos animais (o can, o gato, o paxaro) uníndose ademais os nenos do pobo. Deste xeito son escoitados e con éxito recollen o diñeiro do público para mercar o leite. Brundibár, envexoso, róballes o diñeiro e fuxe. Mais todos os nenos e os animais finalmente atrapan ó malvado Brundibar, recuperan o diñeiro e celebran o triunfo do ben sobre o mal.

O REPARTO:
Os personaxes principais son: os irmáns Anita e Pepín; Brundibár "o organilleiro"; o xeladeiro; o panadeiro; o leiteiro; o policía; os animais: o gorrión, o gato, o can ; coro do balcón; coro da escola de nenos; adultos.
A orquestración é a seguinte:
Piccolo, Frauta, Clarinete sib, Trompeta sib, Guitarra, Armónica, Tamburo piccolo, Tamburo grande, Triángulo, Prato sospesso, Piano, Violíns (1, 2), Violonchelo, Contrabaixo.
Descargar todas as imaxes