Escoitar

Patrimonio Histórico realizará un estudio para definir o modelo museográfico de Castrelos <br />

O Concelleiro de Cultura e Patrimonio Histórico, Xosé Carlos Arias, presentou hoxe a constitución da Comisión do Museo de Castrelos que ten como finalidade realizar un estudio organizativo e definir o modelo museográfico da entidade. A Comisión tratará tamén a necesidade de realizar obras de saneamento no Museo que se executará con cargo ós presuposto do próximo ano cun investimento de 102.000€ por parte de operarios da concellería de Vías e Obras.

xoves, 30 out 2003
10675266971.jpg
Comisión de Castrelos
Outro das medidas que planifica o departamento de Patrimonio Histórico sería o de poñer en marcha unha reforma que permita a construcción dun camiño peatonal desde a Igrexa ao Xardín Histórico, unha iniciativa que tratará de intensificar a harmonía no entorno.

A Comisión, presidida polo Concelleiro de Cultura, está integrada por Roman Pereiro, crítico de arte; Alicia Carrera, investigadora de arte; Lois Andrade, especialista en xestión cultural; Rafael Ojea, xefe da oficina municipal da Concellería de Patrimonio Histórico; Ignacio Oliveira, xefe da oficina municipal da Concellería de Cultura; Carlota Álvarez Basso, directora do MARCO e José Ballesta de Diego, director do Museo de Castrelos.
10675266971.jpg
10675267314.jpg
10675268432.jpg
10675268613.jpg