Escoitar

A Concellería de Xuventude elaborará un Plan Integral da Mocidade

O Concello elaborará un Plan Integral de Xuventude co que se pretende articular medidas que dean resposta ás inquedanzas e problemas da mocidade actual, polo que se creará unha Comisión Municipal Interdepartamental. O Concello considera oportuno este esforzo tendo en conta que o tramo de idade entre 14 e 30 anos representa máis do 25% da poboación total da sociedade viguesa.

mércores, 29 out 2003
1067429384casa.jpg
Casa da Xuventude
A Comisión Interdepartamental estará presidida pola concelleira de Xuventude, Belén Sío, e integrada polas concellerías con competencias nas áreas de Benestar Social, Cultura, deportes, Desenvolvemento Local e Emprego, Educación, Muller, Participación Cidadá e Sanidade.

As políticas levadas a cabo nos últimos anos dende o Concello de Vigo, a través da Concellería de Xuventude e doutras concellerías que inciden sobre os xoves, poñen en evidencia a necesidade de facer un tratamento específico para este segmento de poboación. As conclusión obtidas nas Xornadas de Vigo20, onde participaron 2.359 xoves a través de enquisas e 268 máis nos grupos de discusión, poñen de manifesto a inexistencia dunha coordinación interdepartamental que permita abordar dun xeito integral as distintas problemáticas.

Os xoves atópanse con trabas que, sen ser específicas deste colectivo, maniféstanse en maior medida nel como a ausencia de canles de participación dende o punto de vista político; reducidas oportunidades de emprego, baixa dispoñibilidade de recursos económicos, difícil acceso a unha vivenda. Dende o punto de vista ideolóxico aparece o fomento do individualismo, marcada tendencia á falla de expectativas, apatía, escepticismo.

Estas dificultades e factores de desigualdade social xustifica que vontade do Concello de elaborar O plan Integral de Xuventude dun xeito transversal e coordinado no que interveñan os distintos servicios administrativos municipais.
Descargar todas as imaxes