Exposición de fotografía na Casa da Xuventude
A partires do mércores día 29 estará aberta na Casa da Xuventude unha mostra de fotografía a cargo da Fundación Cume co título "¿cómo puideches facerme esto a mín? ¿arrepentiraste...?"
A Fundación Cume desexa favorecer a conciencia cidadá sobre os problemas que precisan de intervención inmediata en Galicia, e amosa o seu apoio mediante esta campaña. Esta mostra está pensada para ser visitada por colectivos de escolares e outros. De momento hai programadas dúas visitas de dous centros de Vigo para a vindeira semana. Calquera colectivo que queira solicitar unha visita pode facelo
dirixíndose á Casa da Xuventude no teléfono 986 294 806.
As obras permanecerán expostas ata o venres 7 de novembro e poderán contemplarse de luns a venres en horario de mañás de 10 a 14 horas e pola tarde de 17 a 21 horas na Casa da Xuventude na rúa López Mora nº 31.
A Fundación Cume é unha ONGD sen ánimo de lucro que naceu en 1995 como froito do interese dun grupo de persoas galegas que vían a necesidade de crear unha nova cultura da solidariedade e cooperación internacional en e desde Galicia, nomeadamente entre a mocidade. Desde a súa creación a Fundación Cume traballa en proxectos de axuda humanitaria dentro e fóra das nosas fronteiras, que engloban e fomentan esta cultura, sabendo que a primeira condición para sermos solidarias/os é estar en condicións de facelo.