Sanidade revisa os cemiterios para a festividade de Tódolos Santos
A concelleira de Sanidade, Belén Sío, visitou hoxe os cemiterios municipais para coñecer o estado das obras que se realizaron este ano que consistiron fundamentalmente en ornato e axardinamento e adquisición de tapas para nichos. Son cemiterios municipais os de Pereiró, Lavadores, Teis, Beade, Bembrive, Candeán, Cabral e Zamáns. Os nichos propiedade do Concello son 2.345 e se alugan por un período de seis anos, prorrogable por 4 máis ata un máximo de 10 anos. O total de nichos entre particulares e concesións son 26.508.