O Concello pide colaboración cidadá no tráfico rodado en Travesía de Vigo
O concelleiro de Tráfico, Xulio Calviño, pediu colaboración e comprensión ós cidadáns cara os problemas de tráfico que se presenta na travesía de Vigo ó entorno do novo hipermercado. Calviño salientou que ata o mes de abril, data prevista para o remate das obras do túnel subterráneo que se está acometendo na zona, a circulación será complicada xa que non se poden establecer rutas alternativas.
O concelleiro salientou que ó máximo conflicto se establece entre as dúas rotondas, principalmente dirección Pontevedra. Xulio Calviño manifestou que o parking do centro comercial poderase utilizarse por parte dos veciños da zona entre ás 23 horas e as 8 da mañá, ademais realizaranse melloras nun aparcamento situado detrás da casas de "Fenosa".
Descargar todas as imaxes