Os socios de proxecto CAMI impulsan a creación dun centro de recursos para a integración social
A concelleira de Benestar Social, Belén Sío, presidiu a xuntanza do proxecto de cooperación transfronteiriza España-Portugal "CAMI" (Camiño do Miño). Trátase dun programa de fomento á cooperación e integración social, laboral e institucional. Os promotores do proxecto son entidades en favor das persoas con minusvalía, concretamente dúas entidades portuguesas e a Fundación MENELA de Vigo que actúa como responsable do proxecto.
Na xuntanza aprobouse a recuperación a adaptación dun edificio co centro histórico de Vigo e a construcción doutro en Melgaço para o desenvolvemento dos obxectivos e medidas do proxecto tales como aumentar os niveis de cobertura transfronteiriza en materia de equipamentos e de servicios de apoio e potenciar a cooperación e integración social, laboral e institucional.
A Comisión tamén acordou a creación de dous centros transfronteirizos de formación ( Vigo e Vilanova de Gaia) que en colaboración coas Universidades de Vigo e Porto, creen a figura do "acompañante social" que permitirá que permitirá que tanto as persoas con minusvalía como as súas familias poidan beneficiarse de participar en actividades programas polo Centro de Recursos.
Os socios nacionais cofinanciadores do proxecto son a Consellería de Asuntos Sociais da Xunta de Galicia, a concellería de Benestar Social do Concello de Vigo, a Zona Franca de Vigo, a entidade Caixanova e a Fundación Menela. Os socios transnacionais son a Cámara Municipal de Melgaço e as asociacións de minusvalías de Vilanova de Gaia , Viana do Castelo e Melgaço. Colabora no proxecto a Universidade de Vigo.
Descargar todas as imaxes