Escoitar

Pérez Mariño asina un convenio con Vivenda e Solo para rehabilitar o Casco Vello

O Alcalde de Vigo, Ventura Pérez Mariño, ven de asinar un convenio de colaboración entre o Instituto Galego de Vivenda e Solo e o Concello de Vigo en materia de actuacións na área de rehabilitación do Casco Vello de Vigo. O obxecto do convenio é establecer as bases de actuación conxunta e coordenada para rematar as actuacións da Área do Casco Vello de Vigo, que quedaron pendentes de realización do convenio que fora asinado en agosto de 2001 e que por falla de infraestructura administrativa non se puideron acometer.

venres, 31 out 2003
O total de actuacións protexidas que inclúe o acordo é a rehabilitación de corenta vivendas e edificios, así como operacións de urbanización e reurbanización, de xeito que se remata a terceira fase deste programa de intervención . O Instituto Galego de Vivenda e Solo aportará 144.242,91 euros e o prazo do acordo rematará o 31 de decembro do 2004. Este convenio poderá ser obxecto de ampliación a novas actuacións de rehabilitación en función das necesidades e do volume de recursos dispoñibles.