Escoitar

30 axentes encargaranse de combater a dobre fila

Dende hoxe e ata o 31 de decembro ponse en marcha a segunda fase da campaña para combater o estacionamento en dobre fila que ten como lema " A dobre fila trae consecuencias" e que desenvolve a Concellería de Tráfico. 30 axentes da policía local encargaranse de controlar o aparcamento en dobre fila, en zona de discapacitados, carga e descarga, paradas e carrilbús.

luns, 3 nov 2003
1067866218fila.jpg
Xulio Calviño
Dende a Policía Local realizarase diariamente un seguimento cos datos que proporcionen os axentes, aplicando as correccións que fosen necesarias para lograr os obxectivos marcados. Establecese unha vixilancia permanente nas seguintes rúas: Camelias; Torrecedeira-Pi i Margall-López Mora-Coruña; Barcelona-Zamora e transversais; Casablanca; Travesía de Vigo; Marqués de Valladares-Rosalía de Castro-Areal; García Barbón-Policarpo Sanz; Progreso-Velázquez Moreno-Praza de Compostela-Colón; Balaídos-Portanet-Manuel de Castro; Florida-Fragoso.

O concelleiro de Tráfico, Seguridade e Transporte, Xulio Calviño, lembrou que a sanción por aparcar en dobre fila segundo a Lei, establécese entre 150€ e 301, e o custo da grúa por retirada de vehículo é de 104,70€. Ademais, manifestou que a nosa ordenanza xeral de circulación establece que está prohibido estacionar: "En dobre fila, tanto se o que hai na primeira é un espacio libre como un vehículo, ou un colector ou algún elemento de protección".
Descargar todas as imaxes