O Concello aposta polas novas tecnoloxías
A Comisión de Goberno aprobou , na xuntanza de hoxe, as bases da convocatoria de subvencións para actividades de implantación das novas tecnoloxías da comunicación en entidades non lucrativas para o ano 2003 por un importe de 18.631,39€ e que promove a Concellería de Participación Cidadá.
Estas bases son as primeiras nesta campo tendentes o apoio no uso das novas tecnoloxías da informática e da comunicación, xa que o fomento no uso das mesmas permitirá un maior achegamento cidadán as asociacións, fomentando por tanto a participación nas mesmas.
Un dos instrumentos para o desenvolvemento da democracia participativa é a concesión de subvencións, anualmente recollidas no Orzamento Municipal. Con elas preténdese apoiar proxectos e actividades que permitan afondar nunha dinámica de participación cidadá plural, diversa e anovadora co apoio a implantación e uso das novas tecnoloxías da comunicación.