Escoitar

214 vehículos denunciados no primeiro día contra a dobre fila

A Policía Local rexistrou onte 693 denuncias , das que 214 foron por estacionamento en dobre fila. Esta cifra rexistrouse no primeiro día da campaña para combater o estacionamento en dobre que desenvolve a concellería de Tráfico, seguridade e Transportes e que se realizará ata finais de ano.

martes, 4 nov 2003
A grúa retirou tamén 45 vehículos dos que 5 estaban en dobre fila. 30 axentes da policía local encargaranse de controlar o aparcamento en dobre fila, en zona de discapacitados, carga e descarga, paradas e carrilbús.

A Policía Local mantén unha vixilancia permanente nas seguintes rúas: Camelias; Torrecedeira-Pi i Margall-López Mora-Coruña; Barcelona-Zamora e transversais; Casablanca; Travesía de Vigo; Marqués de Valladares-Rosalía de Castro-Areal; García Barbón-Policarpo Sanz; Progreso-Velázquez Moreno-Praza de Compostela-Colón; Balaídos-Portanet-Manuel de Castro; Florida-Fragoso.

A sanción por aparcar en dobre fila segundo a Lei, establécese entre 150€ e 301, e o custo da grúa por retirada de vehículo é de 104,70€. Ademais, manifestou que a nosa ordenanza xeral de circulación establece que está prohibido estacionar: "En dobre fila, tanto se o que hai na primeira é un espacio libre como un vehículo, ou un colector ou algún elemento de protección".