Accións de voluntariado que realiza o Concello
A Comisión de Goberno ven de aprobar a sinatura dun convenio de colaboración coa Consellería de Familia, Xuventude, Deportes e Voluntariado para a execución das accións de voluntariado proposta polo Concello de Vigo e enmarcadas no Plan Galego de Voluntariado 2002-2005.
O Concello de Vigo actua coma unha entidade máis no ámbito do voluntariado e como tal oferta ós/ás voluntarios/as de Vigo a posibilidade de colaborar nalgúns dos proxectos que conforman o Programa Municipal de Voluntariado no que se implican distintos servicios municipais, dándolles previamente a formación necesaria.
Descrición das Accións do Programa Municipal "Voluntarios por Vigo":
1.Formación de Voluntarios.
Apoiar na organización de Cursos Formativos para ós/ás Voluntarios/as: orientar, asesorar, formar e guiar as persoas que queiran ser voluntarias/os.
2.Voluntarios/as en Acompañamento.
Apoiar na organización do programa Voluntarios/as en Acompañamento: colaborar cos sectores máis desfavorecidos da poboación: nenos/as en situación de marxinación, enfermos/as, anciáns/as, toxicómanos/as..., dándolle continuidade a un proxecto xa iniciado coa Oficina Municipal da Prestación Social Substitutoria.
3.Voluntarios/as para Centros de Menores, Centros da 3ª Idade, Hospitais e Institucións Penitenciarias.
Apoiar ós sectores máis desfavorecidos da poboación: enfermos en hospitais, penados, 3ª idade... Incentivar o voluntariado social a través dos valores da soliedariedade e humanidade.
4.Voluntarios/as para o Desenvolvemento Sociocomunitario das Asociacións.
Apoiar con Voluntarios/as o Desenvolvemento Sociocomunitario das Asociacións:
-Lograr unha formación íntegra dos responsables dos movementos asociativos en temas xurídicos, económicos, fiscais e coñecemento das novas tecnoloxías.
-Facilitar ás entidades de acción voluntaria a información, formación e asistencia técnica necesaria para o desenvolvemento da súa actividade.
5.Voluntarios/as para a realización de actividades en Asociacións.
Realizar actividades en Asociacións con Voluntari@s: colaborar con asociacións que desenvolvan as súas actividades no ámbito da acción voluntaria e que teñan proxectos conxuntos co Concello de Vigo.
6.Voluntarios/as no Zoolóxico da Madroa.
Apoiar o fomento do voluntariado de carácter ambiental, ecolóxico e o respeto polos animais.
7. Recuperación das Dunas das praias de "Argazada" e "Fontaíñas".
Apoiar na xestión e posta en marcha do proxecto a fin de lograr a recuperación as Dunas das praias de "Argazada" e "Fontaíñas": fomentar o voluntariado ecolóxico ó tempo que a calidade das nosas praias.
8. O Sair de Clase.
Apoiar e promocionar a labor dos voluntarios maiores como reguladores das saídas dos colexios da cidade.
9. A Cidade dende os Ollos do Pasado.
Promocionar a labor dos voluntarios/as maiores como axentes de difusión turística.