Escoitar

Comezan as xornadas sobre o Alzheimer e outras demencias

A concelleira de Benestar Social, Belén Sío, inaugura as "II Xornadas sobre Alzheimer e outras demencias" que se celebran os días 6 e 7 de novembro no centro cultural Caixanova e que organiza AFAGA ( Asociación de Familiares de Enfermos de Alzheimer e outras demencias". As xornadas están orientadas a ofrecer un punto de encontro para todos os profesionais e futuros profesionais do sector relacionados con esta problemática.

mércores, 5 nov 2003
1068042647al.jpg
Nas xornadas presentaranse as relatorios "Tratamento etiolóxico do Alzheimere" a cargo de José Ramón Lorenzo, xefe do servicio de Neuroloxía de Povisa; "Tratamento de patoloxías concomitantes" que abordará Javier Pérez Marín, xeriatra da residencia asistida do Meixoeiro; sobre os " Trastornos de conducta e o seu abordaxe farmacolóxico" falará Carlos delgado Calvete, psiquiatra do Hospital do Meixoeiro.

As conferencias compleméntanse con talleres a cargo de especialistas sobre ciudados paliativos, estimulación cognitiva e nutrición dos pacientes con demencia.

A enfermidade de Alzheimer é un desorde progresivo, dexenerativo e irreversible do cerebro que causa a debilitación, a desorientación e unha eventual morte intelectual. Seu nome provén de Aloís Alzheimer, un neurólogo alemán que en 1907 describiu os síntomas que presentaba una muller de 48 años como graves problemas de memoria así como as características neuropatoloxica da enfermidade de Alzheimer.
Descargar todas as imaxes