O goberno de Vigo abre hoxe luns o renovado parque infantil de Castrelos

luns, 18 mai 2015

Abel Caballero invitou á cidadanía a achegarse a Castrelos tras informar da apertura esta tarde do "gran parque infantil", unha vez rematados os traballos de mellora. O alcalde informou tamén da planificación das obras en marcha, subliñando que esta semana finalizarán as humanizacións de Rosalía de Castro, Camelias ou Gregorio Espino, entre outras.

O goberno local asfalta 12 viais que estima finalizar a próxima semana

martes, 12 mai 2015

Abel Caballero informou este martes dos traballos de pavimentación que ten en marcha e programados o goberno da cidade para as próximas datas. Unha ducia de rúas están xa a ser asfaltadas ou comezarán en próximas datas: Lepanto, Médico José Mato, Puerto Rico e Padre Feijóo, Progreso, Manolo Martínez, Álvaro Cunqueiro, Cañiza, Buenos Aires, a Avenida de Madrid, Rosalía de Castro e Camelias. O alcalde indicou que a previsión é concluir as obras entre esta e a vindeira semana.

O goberno de Vigo inviste un millón de euros no Plan Verde, con accións en Navia, Florida, a senda da auga e o paseo do Lagares

luns, 4 mai 2015

O alcalde de Vigo informou da aprobación en Xunta de Goberno Local de catro propostas medioambientais incluídas no Plan Verde municipal: a mellora ambiental na Florida, a reforma da senda da auga, o parque de enerxías renovables en Navia e a adecuación do paseo fluvial do Lagares. Abel Caballero avanzou que as obras darán comezo entre ésta e a próxima semana, sumando un investimento de 960.000 euros.

Ao longo deste mes concluirán 20 melloras que o goberno de Vigo executa no centro e no rural

mércores, 22 abr 2015

O edil de Fomento informou das datas de finalización prevista para as reformas en marcha e de comezo dos traballos planificados. Segundo expuxo Regades, as obras de Ramón Nieto, Santa Marina, Pedreira, Manuel Costas Bastos, Subida á Madroa, Subida á Monteira, Seixo, Roteas de Abaixo e Subida (Sampaio), Gandarón, Camiño Fermín, Camiño Gándara, Camiño do Fondo, o acceso ao pavillón de Coruxo e a cuberta das escaleiras mecánicas quedarán abertas ao longo desta semana.