Escoitar

O Concello compromete melloras nos accesos á igrexa de Fátima

Tras unha reunión co vicario xeral da diócese, o alcalde anunciou a ampliación das beirarrúas, melloras no estacionamento e máis verde, ademais da posibilidade de sumar o muro do acceso ao programa municipal de arte urbano. Caballero asegurou que a humanización da Vía Norte, na parte que afecta á igrexa, estará rematada a mediados de maio, para os actos de celebración do centenario do templo.

xoves, 26 xan 2017
1485439209fatima.JPG
O alcalde de Vigo anunciou hoxe xoves algunhas melloras no acceso á igrexa de Fátima, despois do "acordo total" acadado na reunión desta mañá cos seus responsables.

Segundo revelou Caballero, o concelleiro de Fomento, David Regades, propuxo na entrevista ampliar a beirarrúa, instalar máis verde diante da igrexa e deixar unha zona libre de estacionamento. Ademais, e a petición do vicario, o goberno de Vigo estudará a posibilidade de incorporar o muro do acceso ao programa municipal de medianeiras e arte urbano.

Por outra banda, o goberno de Vigo comprometeuse a ter concluida a humanización que está a executar na Vía Norte, na parte que afecta á igrexa, para mediados de maio, datas nas que terán lugar os actos de celebración polo centenario do templo de Fátima.
Descargar todas as imaxes