O goberno de Vigo divulgará a figura do escritor na humanización da rúa Álvaro Cunqueiro
Anunciouno este mércores o alcalde, nunha visita aos traballos de reforma da rúa. O Concello inviste preto dun millón de euros na humanización, na súa primeira fase, da coroa circular interior. Abel Caballero anunciou a instalación de paneis no vial e a creación dun espazo na web onde ampliar información sobre a zona e o propio Álvaro Cunqueiro.